Thursday 02 de May de 2024

Primeira xornada da IV Feira de Oportunidades de Ordes


Esta mañá abriu as súas portas a IV Feira de Oportunidades, na que participan un total de 15 establecementos do municipio. Entre o público asistente estiveron a alcaldesa en funcións, Ana Soneira e os edís de Comercio e Educación, Xosé Manuel Rodríguez e Susana García. Ademais de facer algunha que outra compra intercambiaron impresións tanto cos comerciantes como coa clientela. Así, durante a fin de semana no primeiro andar da Praza de Abastos poderase mercar aos mellores prezos o último en téxtil, calzado, decoración, bixutería, deporte, marroquinería etc. O horario de apertura o venres e o sábado será de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas, mentres que o domingo irá dende as 11 ás 14.30 horas e de 16 a 19 horas. Ademais o Concello de Ordes pon a disposición dos asisitentes dun servizo de ludoteca gratuíto para os máis novos e novas. Será tamén na mesma Praza de Abastos. Hoxe irá dende as 18 ata as 20 horas, ampliándose o sábado e o domingo de 10.30 a 12.30 horas.